Fundación Xavier Pousa

Contido da ficha do catálogo

A ficha da obra contén a seguinte información: título, data, técnica, dimensións, firma, descrición firma, inscricións posteriores, exposicións, reproducións e observacións.


Título:
Sempre que foi posible asignóuselle o título que Xavier Pousa establecía no seu arquivo persoal. De non ser así, o título que se establece é por analoxía a outras obras.
 
Data:
Aparece a data na que foi asinada a obra, de non ser así, aparece a década na que si foi pintado o cadro e na que Xavier Pousa desprendeuse do mesmo segundo o seu arquivo persoal.
 
Técnica:  
Xavier Pousa pintou principalmente con óleo, empregado este a través de diferentes técnicas e en diferentes soportes (lenzo, tablex, táboa, cartón, papel).
Tamén atoparanse pinturas feitas a lapis, carbón, tinta china, etc. normalmente sobre papel.
 
Dimensións:
As medidas son en centímetros e a altura precede á anchura.
 
Firma:
Lugar onde se atopa a firma ou se non está asinado.
 
Descrición firma:
Neste apartado descríbese a firma.

Exposicións:
Sempre que foi posible acadar este dato, enuméranse as principais exposicións onde a obra foi mostrada.

Reproducións:
Indícase se a obra foi reproducida nalgún catálogo ou libro.
 
Observacións:
Indicarase, se é o caso, algunha información adicional, se é un bosquexo, se está rematado, se participou nalgún premio, etc.
 
Fundación Xavier Pousa © 2024. Todos os dereitos reservados.