Fundación Xavier Pousa

Amigos da Fundación

Se queres apoiar o proxecto cultural que a Fundación está desenvolvendo podes colaborar para que a entidade acade os seus obxectivos facéndote amigo ou amiga da Fundación Xavier Pousa ou realizando unha doazón puntual.

Ademais poderás beneficiarche das vantaxes fiscais que contempla a Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

Tanto para facerte amigo como para facer una doazón puntual deberás porte en contacto connosco en fundacion@xavierpousa.org

 


Dedución a persoas físicas (particulares):

Os contribuíntes do IRPF terán dereito a deducir da súa cota íntegra o 80% dos primeiros 250 euros doados.

O resto da doazón que supere os 250 euros darán dereito a deducir da cota íntegra o 40% do importe doado.

Ademais, se o contribuínte realizou doazóns por importe ou valor igual ou superior á mesma entidade nos exercicios anteriores, o 40% incrementarase ao 45%.


Dedución a persoas xurídicas (empresas):

Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades terán dereito a deducir da cota íntegra, minorada nas deducións e bonificacións previstas nos capítulos II, III e IV do Título VI da Lei 43/1995, de 27 de decembro, do Imposto sobre Sociedades, o 40% da base de dedución.
E se a doazón é recorrente á mesma entidade cunha cantidade igual ou superior a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución en favor desa mesma entidade será o 50 %.



 
Fundación Xavier Pousa © 2025. Todos os dereitos reservados.