|  | 1992No outono volta unha vez máis á Toscana con Buciños, acompañados nesta ocasión por             Elsa Pérez Vicente e Antón Abreu Bastos, para gozar da exposición do Quinto Centenario             do nacemento de Piero della Francesca, pintor que descubrira na súa viaxe de 1953. |  | 
        
            |   | 
        
            |  | 1993Realiza unha exposición conxuntamente co escultor Buciños na Casa             da Parra en Santiago de Compostela. |  | 
        
            |   | 
        
            |  | 1994Na primavera, coincidindo co 50 aniversario dedicado á pintura,             realiza unha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo dentro da mostra             “Grandes Artistas Gallegos”, onde expón 69 obras que reflicten a súa traxectoria. 
 En xuño a galería de arte Volter de Ourense retoma a iniciativa de xuntar de novo             a “Sete artistas galegos” e Pousa expón de novo a súa obra xunto con Buciños, Acisclo             Manzano, Arturo Baltar, Xosé Luís de Díos, Virxilio e Xaime Quessada.
 
 Sete artistas galegos. Galería de arte Volter. Do 24 ao 30 de xuño de 1994. Ourense.
 |  | 
        
            |   | 
        
            |  | 1995No mes de maio expón na “Nueva Sala de Exposiciones de Caixavigo”, e no outono na             galeria Faunas de Madrid. |  | 
        
            |   | 
        
            |  | 1996O día 25 de novembro de 1996 a Real Academia Galega de Belas Artes  "Nuestra Señora del Rosario" acorda nomearr a Xavier Pousa Académico de  Número da sección de pintura e gravado. 
 Este ano, retomando a costume de ir a pintar fora de Galicia, vai a Andalucía en             vez de Castela.
 
 
 Organiza unha viaxe con Buciños, Abreu Bastos, Elsa Pérez Vicente             e a súa familia a Holanda co obxecto de visitar de novo o museo Van Gogh e a colección             Kröller Müller. |  | 
        
            |   | 
        
            |  | 1997O 25 de xaneiro de 1997 toma posesión como membro da Real Academia Galega             de Belas Artes, con el discurso A arte da pintura en                 Galicia nun acto no Cenro cultural Caixavigo.ç 
 Este ano cofunda a Fundación Mondariz-Balneario, formando parte do seu Padroado             como Vicepresidente, e comeza a dirixir a Beca de Paisaxe desta entidade, organizando             diversos actos vinculados coa mesma.
 |  | 
        
            |   | 
        
            |  | 1998-99Participa activamente en diversas exposicións colectivas en cidades e  pobos de Galicia, Lugo, A Coruña, Vigo, Tui, Nigrán, Goián e nunha en             Cataluña, La Bruixa de Sant Pol. 
 
 Viaxa coa súa muller e os seus fillos a Florencia  recorrendo en coche toda a costa francesa, Ribiera italiana e a Toscana. |  | 
        
            |   | 
        
            |  | 2000En agosto realiza a súa derradeira exposición na sala de exposicións             do concello de Mondariz-Balneario “ Os Pousas de Pousa”. 
 O 8 de decembro morre en Vigo e é enterrado no seu pobo natal de Goián.
 |  | 
        
            |   |