Exposición: Antonio Fernández, pintor de tres mundos
Mércores, 02 de outubro de 2013
Do 4 ao 20 de outubro de 2013 desenvólvese no Centro Goianés (Tomiño) unha exposción do pintor Antonio Fernández, mestre de Xavier Pousa. A exposición está enmarcada dentro das actividades que a Comisión Antonio Fernández (composta polo concello de Tomiño e diversas entidades sociais vinculadas con Goián) deseñou para difundir o traballo artístico e valorizar a figura humanista, filántropa e social del artista.