Fundación Xavier Pousa

Sede

Non sendo un dos obxectivos da Fundación, a construción da súa sede, é unha das actividades principais que se queren desenvolver. E non como actividade independente ou paralela ao resto, senón como eixo central do proxecto da Fundación Xavier Pousa.

A creación da sede da Fundación en Goián-Tomiño ten como obxectivos principais difundir a obra pictórica e documental de Xavier Pousa, da súa vida e do seu legado artístico; e servir como soporte para a realización das actividades da Fundación, de forma que se favoreza a dinamización cultural no territorio e se continúe co labor realizado por Pousa ao longo da súa vida de facilitar o acceso á arte e á cultura.
 
 
Fundación Xavier Pousa © 2017. Todos os dereitos reservados.