O día 16 de febreiro, o concello de Tomiño celebrará cun espectáculo-homenaxe, por unha banda, o 132 aniversario do nacemento do pintor e, pola outra, o nomeamento, o pasado 27 de xaneiro por parte da corporación municipal, de Antonio Fernández como Fillo Predilecto, pola calidade da súa obra dentro da historia da pintura galega e por ser un dos maiores filántropos do concello.