Fai seis anos que o Concello de Vigo puxo en marcha unha iniciativa para mostrar á cidadanía a capacidade creativa que hai en Vigo. Así, nas dependencias da Alcaldía, organizáronse diversas exposicións de artistas vinculados a esta cidade o que supuxo que tanto a cidadanía, responsables de moitas entidades públicas e privadas, medios de comunicación tiveran acceso á arte.
Este ano, e para conmemorar este aniversario, o luns 1 de febreiro inaugúrase a mostra "Mestres da arte Viguesa" que reúne aos mais importantes artistas que tiveron ou teñen unha relación coa cidade de Vigo. E entre eles estará Xavier Pousa, que viviu e pintou nesta cidade, participando, ademais, moi activamente na vida cultural viguesa.
Díptico informativo