Lucía Laín, experimentada documentalista que traballa en infinidade de proxectos editoriais e expositivos presenta está vez este libro visual e sonoro. Cónstanos que foron moitos meses de traballo sereno, limpo, tenaz para que o resultado sexa o que é.
Un percorrido de mais de 300 km que comeza no Pedregal de Irimia e remata no océano Atlántico en Camposancos.
E é xusto no último tramo onde Lucia quixo parar para ofrecernos o que o Miño influíu na arte e nos artistas.
Presentamos o capítulo “un lugar para a arte” para que coñezades un pouco mais a Xavier Pousa, Antón Buciños e Pilar Alonso, e a iniciativa da Bienal de Arte de Cerveira que desenvólvese noutro lado da Raia e que foi promovida por un grupo de artistas Portugueses.
Aproveitamos tamén a ocasión para invitarvos a que viaxedes e coñezades, con outras testemuñas e fotografías, a vida ao longo do Miño.
XAVIER POUSA
Onde habita a memoria
O patio da casa natal do pintor Xavier Pousa recíbenos para internarnos nunha viaxe pola súa pintura arredor do río que o viu medrar. Nin os anos de formación na Real Academia de Belas Artes en Madrid nin as viaxes ao estranxeiro impedíronlle regresar sempre ao lugar onde habita hoxe a súa memoria.