Fundaciуn Xavier Pousa

Novas

“A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968”

Luns, 23 de setembro de 2024
O próximo venres 27 de setembro de 2024 ás 19:30 hs. inaugúrase en Tui na Sala Municipal de Exposicións (Edificio Francisco Sánchez – rúa Colón, 2) “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968” organizada polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Xavier Pousa.

A mostra comisariada por Xosé Enrique Acuña naceu co gallo de conmemorar e recuperar a exposición orixinal de “Estampa Popular Galega” que no mes de setembro de 1968 fora prohibida polas autoridades da ditadura franquista tras ser programada no desaparecido Restaurante-Bar Galicia de Tui despois de que previamente percorrera sen especiais problemas outras localidades galegas.

A “Estampa Popular Galega” foi un movemento creado en Galicia en 1968 por un grupo de artistas co obxectivo de democratizar a arte e contribuír á concienciación social sobre a situación política da época organizando unha serie de exposicións de gravados ao linóleo en diferentes localidades galegas.

A mostra permanecerá aberta ata o día 26 de outubro de 2024.

        Listado de novas        Ver seguinte nova >>
 
Fundación Xavier Pousa © 2024. Todos os dereitos reservados.