Se queres apoiar o proxecto cultural que a Fundación está desenvolvendo podes colaborar economicamente para que a entidade acade os seus obxectivos facéndote amigo ou amiga da la Fundación Xavier Pousa ou realizando unha doazóns puntual.
O artigo 17 da Lei 49/2002 establece que darán dereito a practicar as deducións os seguintes donativos, doazóns e achegas irrevogables, puros e simples, realizados en favor das entidades:
Dedución a persoas físicas (particulares): Os contribuíntes do IRPF terán dereito a deducir da súa cota íntegra o 75% dos primeiros 150 euros doados ou dos bens ou dereitos doados ata o valor de 150 euros, calculado conforme ás regras de valoración da lei. O resto da doazón ou das restantes doazóns que superen os 150 euros darán dereito a deducir da cota íntegra o 30% do importe doado ou do valor dos bens ou dereitos doados. Ademais, se o contribuínte realizou doazóns por importe ou valor igual ou superior á mesma entidade nos dous exercicios anteriores, o 30% incrementarase ao 35%. Si o donante deixa de doar ou reduce a súa achega un ano, perderá o dereito por doazón plurianual e deberá volver doar o mesmo ou superior importe, á mesma entidade, polo menos durante tres anos, aplicando a porcentaxe incrementada o terceiro ano. A base das deducións, por exemplo, nos donativos dinerarios o seu importe, non poderá exceder do 10% da base liquidable do contribuínte. Polo exceso non se poderá practicar dedución.
Dedución a persoas xurídicas (empresas): Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades terán dereito a deducir da cota íntegra, minorada nas deducións e bonificacións previstas nos capítulos II, III e IV do Título VIN da Lei 43/1995, de 27 de decembro, do Imposto sobre Sociedades, o 35% da base de dedución. As cantidades correspondentes ao período impositivo non deducidas poderán aplicarse nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos 10 anos inmediatos e sucesivos. Doazóns plurianuais: o 35% incrementarase ao 40% si a empresa ou entidade realizou doazóns por importe ou valor igual ou superior á mesma fundación nos dous exercicios anteriores. Para aplicar a dedución por doazón plurianual é necesario que a entidade donante realice doazóns, á mesma entidade sen fin de lucro, polo menos durante os dous exercicios inmediatamente anteriores. A partir do terceiro exercicio, si continúa doando á mesma entidade por un importe igual ou superior, poderá aplicar tamén a porcentaxe incrementada do 40%. Si a entidade donante deixa de doar ou reduce a súa achega un ano, perderá o dereito por doazón plurianual e deberá volver doar o mesmo ou superior importe, á mesma entidade sen fin de lucro, polo menos durante tres anos, aplicando a porcentaxe incrementada o terceiro ano. Límite á dedución. A base de dedución, por exemplo, nos donativos dinerarios, o seu importe, non poderá exceder do 10% da base impoñible do período impositivo. As cantidades que excedan deste límite poderanse aplicar nos períodos impositivos que conclúan nos dez anos inmediatos e sucesivos. |