|
1992No outono volta unha vez máis á Toscana con Buciños, acompañados nesta ocasión por Elsa Pérez Vicente e Antón Abreu Bastos, para gozar da exposición do Quinto Centenario do nacemento de Piero della Francesca, pintor que descubrira na súa viaxe de 1953. |
|
|
|
1993Realiza unha exposición conxuntamente co escultor Buciños na Casa da Parra en Santiago de Compostela. |
|
|
|
1994Na primavera, coincidindo co 50 aniversario dedicado á pintura, realiza unha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo dentro da mostra “Grandes Artistas Gallegos”, onde expón 69 obras que reflicten a súa traxectoria.
En xuño a galería de arte Volter de Ourense retoma a iniciativa de xuntar de novo a “Sete artistas galegos” e Pousa expón de novo a súa obra xunto con Buciños, Acisclo Manzano, Arturo Baltar, Xosé Luís de Díos, Virxilio e Xaime Quessada.
Sete artistas galegos. Galería de arte Volter. Do 24 ao 30 de xuño de 1994. Ourense. |
|
|
|
1995No mes de maio expón na “Nueva Sala de Exposiciones de Caixavigo”, e no outono na galeria Faunas de Madrid. |
|
|
|
1996O día 25 de novembro de 1996 a Real Academia Galega de Belas Artes "Nuestra Señora del Rosario" acorda nomearr a Xavier Pousa Académico de Número da sección de pintura e gravado.
Este ano, retomando a costume de ir a pintar fora de Galicia, vai a Andalucía en vez de Castela.
Organiza unha viaxe con Buciños, Abreu Bastos, Elsa Pérez Vicente e a súa familia a Holanda co obxecto de visitar de novo o museo Van Gogh e a colección Kröller Müller.
|
|
|
|
1997O 25 de xaneiro de 1997 toma posesión como membro da Real Academia Galega de Belas Artes, con el discurso A arte da pintura en Galicia nun acto no Cenro cultural Caixavigo.ç
Este ano cofunda a Fundación Mondariz-Balneario, formando parte do seu Padroado como Vicepresidente, e comeza a dirixir a Beca de Paisaxe desta entidade, organizando diversos actos vinculados coa mesma. |
|
|
|
1998-99Participa activamente en diversas exposicións colectivas en cidades e pobos de Galicia, Lugo, A Coruña, Vigo, Tui, Nigrán, Goián e nunha en Cataluña, La Bruixa de Sant Pol.
Viaxa coa súa muller e os seus fillos a Florencia recorrendo en coche toda a costa francesa, Ribiera italiana e a Toscana.
|
|
|
|
2000En agosto realiza a súa derradeira exposición na sala de exposicións do concello de Mondariz-Balneario “ Os Pousas de Pousa”.
O 8 de decembro morre en Vigo e é enterrado no seu pobo natal de Goián. |
|
|