Fundación Xavier Pousa

Biografía > 1941-1950

1944Aos 13 anos, por desexo do seu avó Serafín, móstralle os seu primeiros debuxos ao pintor Antonio Fernández (xa daquela retirado en Goián despois dunha prolongada vida entre Brasil e Italia). O pintor decide tomalo como alumno, e así Pousa iníciase no coñecemento do debuxo e da pintura. Deste mestre herdará o amor á natureza e o rigor do traballo.  
 
  1946Despois de dous anos formándose e educando a man a través de debuxos a lapis e carbón, segundo as directrices do seu mestre Antonio Fernández, pinta os seus primeiros cadros ao óleo.

En Vigo ten o seu primeiro encontro co pintor Laxeiro.
 
 
  1948En febreiro, invitado pola familia Alvarez-Builla, vai a Madrid coa única intención de coñecer o Museo do Prado. Unha vez alí descubre o Museo de Arte Moderna e a Casa Sorolla. Vai tamén a Toledo para ver a pintura do Greco.

Participa no Certame Provincial de Arte en Vigo, onde obtén o segundo premio.

 
 
  1949Consegue o primeiro posto no concurso aberto para adxudicar as bolsas de pintura da Deputación de Pontevedra, polo que esta entidade, na sesión ordinaria do mes de setembro, adoptou o acordo de adxudicar a Xavier Pousa unha bolsa de pintura con caracter prorrogable ata a finalización dos seus estudos.  
 
  1950Coa beca da Deputación de Pontevedra e coa que lle concede o concello de Tomiño vaise a estudar a Madrid, matriculándose nas clases libres de debuxo no “Círculo de Bellas Artes” e de debuxo de estatuas clásicas no Museo de Reproduccións Artísticas. Este ano coa tarxeta de copista do Museo do Prado copia aos grandes mestres da pintura.

Establece amizade co pintor Álvarez de Sotomayor, daquela director do Museo do Prado.
 
 


DESCARGAR BIOGRAFÍA

 
Fundación Xavier Pousa © 2018. Todos os dereitos reservados.