Fundación Xavier Pousa

Biografía > 1971-1980

  1971-72Nace a súa segunda filla, Keila.

Nestas datas, e coincidindo co ano académico, exerce como profesor de debuxo no Instituto de Bacharelato de O Calvario en Vigo. Profesión que deixa polo escaso tempo que tiña para poder pintar.

No verán de 1971 realiza unha viaxe polos países nórdicos.
 
 
  1973Expón de novo na Caixa de Aforros de Vigo.

Co escultor Buciños, a súa muller, Chus, e Carmela, realiza unha viaxe por Inglaterra, instalándose durante un mes nun apartamento en Londres.  
 
 
  1974Expón na cidade das Palmas de Gran Canaria e Pontevedra a través da Galería de Arte Altamira.  
 
  1976Viaxa, cun grupo de amigos, por América dende Canadá ata as cataratas de Iguazú, pasando por Estados Unidos, México, Venezuela e Brasil. Impresionándolle moito as pinturas murais de Diego de Rivera en Mexico e de Portinarino en Brasil.  
 
  1979Nace o seu terceiro fillo, Xavier.

Xunto con diversos artistas galegos expón en Caracas, organizando a exposición a Galería Souto.
Participa nunha homenaxe a “Elixio” cunha exposición formada por diversos artistas galegos, ademais expón na Sala de Exposicións da Caixa de Aforros de Vigo.
 
 
  1980Comeza a formar parte do Comité Asesor Artístico de Caixanova. Este ano coordina xunto con Manuel Colmeiro, Angel Ilarri, Francisco Pablos, e Antonio Quesada os ciclos sobre “Plástica Gallega” que a “Caja de Ahorros Municipal de Vigo” organizou con motivo do seu primeiro centenario e que desembocaron na publicación do libro “Plástica Gallega” no seguinte ano.
 


DESCARGAR BIOGRAFÍA


 
Fundación Xavier Pousa © 2018. Todos os dereitos reservados.