Fundación Xavier Pousa

Biografía > 1981-1990

  1981-84Ademais das exposicións nas principais cidades galegas, realiza mostras da súa obra en Madrid na Sala Macarrón, na Karl Galleries de Toronto e participa na Bienal da Paisaxe en Mexico.

No ano 1982 foi nomeado membro do Padroado do Museo Quiñones de León de Vigo.

Durante estes anos dedicase intensamente á pintura, fundamentalmente utilizando a técnica do óleo en diversos soportes.

Viaxa coa súa familia ao Reino Unido e Francia e con Buciños e outros amigos a Holanda, onde celebra os seus 50 anos.

 
 
  1985Na primavera e no outono expón na salas de exposicións da Caixa de Aforros de Vigo e de Caixa Ourense, respectivamente.

Coordina e implícase activamente na organización dunha exposición e a publicación do libro sobre o seu mestre Antonio Fernández, escrito por Eliseo Alonso.

 
 
  1987Nesta data retoma a costume de pintar os campos de Castela, instalándose todos os anos, durante unha quincena de xullo, en Mota del Marqués, co obxecto de pintar os campos amarelos e as papoulas.

Este ano participa en diversas exposicións colectivas en Ourense Pontevedra e Vigo.
 
 
  1988En Abril expón na Nova Sala de exposicións da Caixa de Aforros de Vigo CAV e participa nunha colectiva en León.

Viaxa coa súa familia a Francia, Italia, Austria, Suiza e Alemania, ensinado as súas fillas as cidades, pobos, museos e lugares que na década de 1950 coñecera nas súas viaxes.
 
 
  1989Realiza coa súa familia unha viaxe aos países escandinavos e a Alemania, pouco antes da caída do muro de Berlín.  
 
  1990Expón na Aula de Cultura de Caixa Ourense.

Viaxa a  Holanda cos seus fillos con motivo dunha exposición sobre Van Gogh organizada polo centenario da súa morte.
 
 


DESCARGAR BIOGRAFÍA


 
Fundación Xavier Pousa © 2018. Todos os dereitos reservados.