Fundación Xavier Pousa

Biografía > 1991-2000

  1992No outono volta unha vez máis á Toscana con Buciños, acompañados nesta ocasión por Elsa Pérez Vicente e Antón Abreu Bastos, para gozar da exposición do Quinto Centenario do nacemento de Piero della Francesca, pintor que descubrira na súa viaxe de 1953.  
 
  1993Realiza unha exposición conxuntamente co escultor Buciños na Casa da Parra en Santiago de Compostela.  
 
  1994Na primavera, coincidindo co 50 aniversario dedicado á pintura, realiza unha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo dentro da mostra “Grandes Artistas Gallegos”, onde expón 69 obras que reflicten a súa traxectoria.

En xuño a galería de arte Volter de Ourense retoma a iniciativa de xuntar de novo a “Sete artistas galegos” e Pousa expón de novo a súa obra xunto con Buciños, Acisclo Manzano, Arturo Baltar, Xosé Luís de Díos, Virxilio e Xaime Quessada.

Sete artistas galegos. Galería de arte Volter. Do 24 ao 30 de xuño de 1994. Ourense.
 
 
  1995No mes de maio expón na “Nueva Sala de Exposiciones de Caixavigo”, e no outono na galeria Faunas de Madrid.  
 
  1996O día 25 de novembro de 1996 a Real Academia Galega de Belas Artes "Nuestra Señora del Rosario" acorda nomearr a Xavier Pousa Académico de Número da sección de pintura e gravado.

Este ano, retomando a costume de ir a pintar fora de Galicia, vai a Andalucía en vez de Castela.

Organiza unha viaxe con Buciños, Abreu Bastos, Elsa Pérez Vicente e a súa familia a Holanda co obxecto de visitar de novo o museo Van Gogh e a colección Kröller Müller.

 
 
  1997O 25 de xaneiro de 1997 toma posesión como membro da Real Academia Galega de Belas Artes, con el discurso A arte da pintura en Galicia nun acto no Cenro cultural Caixavigo.ç

Este ano cofunda a Fundación Mondariz-Balneario, formando parte do seu Padroado como Vicepresidente, e comeza a dirixir a Beca de Paisaxe desta entidade, organizando diversos actos vinculados coa mesma.
 
  1998-99Participa activamente en diversas exposicións colectivas en cidades e pobos de Galicia, Lugo, A Coruña, Vigo, Tui, Nigrán, Goián e nunha en Cataluña, La Bruixa de Sant Pol.

Viaxa coa súa muller e os seus fillos a Florencia recorrendo en coche toda a costa francesa, Ribiera italiana e a Toscana.

 
 
2000En agosto realiza a súa derradeira exposición na sala de exposicións do concello de Mondariz-Balneario “ Os Pousas de Pousa”.

O 8 de decembro morre en Vigo e é enterrado no seu pobo natal de Goián.
 
 



 
Fundación Xavier Pousa © 2024. Todos os dereitos reservados.